quarta-feira, abril 20, 2005

Que vos parece a iniciativa?

Ola! navegando estes días vin nun dos foros de Vieiros unha "pequena iniciativa" que ao mellor pode chegar a ser algo interesante. Alguén comezou un post poñendo só "a", tomouse como o intento de comezar un relato colectivo e algunha xente anda a escreber un par de frases, algo hai feito describindo unha casa, ao personaxe que a habita e a unha Laura na súa vida. Se vos interesa non deixedes de contribuir. É só unha pequena iniciativa, pero podería resultar algo interesante (sobre todo se a xente non empeza a despistarse con outras cousas como veredes nos primeiros posts).

Sempre pode ser algo máis interesante que seguir a vivir rodeadas de informacións sobre ese home que intúe que todo vai dicer ben, o mazinger z este que vén a calquer cousa menos a salvar o mundo...

quinta-feira, abril 14, 2005

Ai, ai... como pasan os días e que rápido tiña esquencido que existía xa o meu blog. Hoxe é un día tan bo como calquer outro para escreber algo, desde aquí existindo entre o traballo, así que...ola a tod@s!. Por certo, eu que ando buscando piso, me pregunto como pensa algunha xente que se vive en 25m cadrados, que vos parece?: http://www.elmundo.es/elmundo/2005/graficos/abr/s2/casa_25.html

Licenza de Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.