quarta-feira, abril 20, 2005

Que vos parece a iniciativa?

Ola! navegando estes días vin nun dos foros de Vieiros unha "pequena iniciativa" que ao mellor pode chegar a ser algo interesante. Alguén comezou un post poñendo só "a", tomouse como o intento de comezar un relato colectivo e algunha xente anda a escreber un par de frases, algo hai feito describindo unha casa, ao personaxe que a habita e a unha Laura na súa vida. Se vos interesa non deixedes de contribuir. É só unha pequena iniciativa, pero podería resultar algo interesante (sobre todo se a xente non empeza a despistarse con outras cousas como veredes nos primeiros posts).

Sempre pode ser algo máis interesante que seguir a vivir rodeadas de informacións sobre ese home que intúe que todo vai dicer ben, o mazinger z este que vén a calquer cousa menos a salvar o mundo...

2 Comments:

At 12:27 da manhã, Blogger mincha said...

Ola té vermello, iso de comezar un relato colectivo ten o seu aquel, o malo vai ser procurar que iso leve a unha fin, aínda que penso que a idea é moi boa como exercicio de mera escritura, por iso de escribir o que che pete e como che pete e a quen non lle guste pois que non mire. Ao que ía que pode resultar algo moi interesante para a xente, como unha vía de escape paraos agobios diarios, chegar e escribir sen máis o que che veña a cabeza e ler o que os demais continúan escribindo. Está ben.

 
At 7:29 da tarde, Blogger txiki said...

ola té vermello, entrei na páxinas que recomendas e me gustou moito a idea; eu aportei o meu pequeno gran de area. obrigada

 

Enviar um comentário

<< Home

Licenza de Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.