quinta-feira, junho 02, 2005

Noel Blanco

Navegando na procura de novas páxinas sobre poesía galega actual para comentar fixen un descubrimento: Noel Blanco. descubrimento a medio rematar pois obtiven noticia dun seu poemario que vén de ser premiado hai escasos días co accesit do Premio Miguel González Garcés, convocado pola Deputación da Coruña. O verdadeiramente chamativo do caso é a propia actitude do poeta que non semella, en absoluto, un perseguidor de certo circuito de supervivencia baseada en premios e concursos varios moi instaurada no sistema literario do noso país. E desde logo é un poeta novo na súa máxima extensión xa que naceu no 1985 que parece chegar con ánimo de dar moito que falar e que revolver, comeza xa na presentación de Mecánicas celestes, a obra gañadora, polemizando sobre @s autor@s da "xeracións" anteriores, dos que di que tan só salvaría da queima da poesía institucionalizada a Méndez Ferrín, Helena de Carlos, Chus Pato e Arturo Cuadrado (saiu paritario o rapaz). Polo momento aínda non sabemos que vai ser deste home que parece presentarse con tan claras ideas e con tanta forza co obxectivo de renovar os habituais circuitos literarios, agardemos e o tempo dirá.
Por certo o rapaz saiu espilido en cuestión de premios literarios, gañando xa algo cando estaba no instituto.

Licenza de Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.